8/11/10

AS NOSAS COUSAS (VÍDEO)

        Hoxe levamos ao colexio algunhas das cousas que son  importantes para nós. Así aprendemos a coñecernos mellor, a falar para o resto da clase e a escoitar o que nos contan os demais.
Espero que vos guste... e os que faltan por facelo vídeo, que non se esquezan para a semana de traer as súas cousas!!!






Aínda faltaba algún neno e nena por mostranos os seus xoguetes favoritos... aquí os podedes ver.





     Aisha tes que perdoar ao profe polo despiste que tivo. Acórdaste cando ao principio de curso dicía que para facer a foto de clase non podía faltar ninguén, porque todos e todas erades igual de importantes. Pois sen ti neste vídeo, a clase non era a mesma. Sento moito o despiste.

2 comentarios:

  1. Miguel (Aida)27/10/10 01:25

    Moi boa iniciativa a de facer que os nenos leven a cabo unha breve presentación do que lles gusta diante dos demáis. A Aida gustóulle moito verse ela e os seus compañeiros en vídeo.

    ResponderEliminar
  2. Noraboa pola vosa dinámica da maleta.Agora xa vos coñecedes mellor e sabedes os vosos gustos e preferencias.
    Esta semana comezamos os de quinto curso coa mesma iniciativa.Esperamos saber facelo tan ben coma vós.
    Un saúdo

    ResponderEliminar