24/11/10

TANGRAM


Despois de facer unhas sumas e  restas... podedes xogar ao tangram. Un fantástico xogo para pensar.

XOGO DE OPERACIÓNS MATEMÁTICAS



Xa podes practicar con este xogo de cálculo mental. Se practicas moito, saberás todas as respostas cando xoguemos ao xogo do cálculo co balón na clase.!!

12/11/10

O CONTO DE LAURA

UN MUNDO DE CORES

   Con este traballo preténdese fortalecer a unión do grupo , espertar a súa sensibilidade ante situacións nas que algún membro do grupo queda illado e desevolver a súa capacidade de resolver problemas. Anxo respondiches con moita enteireza a unha situación moi difícil para un neno de 6 anos. Sabía que o asimilarías ben (que non é doado) e ao final puideches comprobar como todos e todas desexaban que te unises ao seu grupo.

8/11/10

AS NOSAS COUSAS (VÍDEO)

        Hoxe levamos ao colexio algunhas das cousas que son  importantes para nós. Así aprendemos a coñecernos mellor, a falar para o resto da clase e a escoitar o que nos contan os demais.
Espero que vos guste... e os que faltan por facelo vídeo, que non se esquezan para a semana de traer as súas cousas!!!






Aínda faltaba algún neno e nena por mostranos os seus xoguetes favoritos... aquí os podedes ver.





     Aisha tes que perdoar ao profe polo despiste que tivo. Acórdaste cando ao principio de curso dicía que para facer a foto de clase non podía faltar ninguén, porque todos e todas erades igual de importantes. Pois sen ti neste vídeo, a clase non era a mesma. Sento moito o despiste.